Os alcaldes do PP insisten en reunirse co goberno da Deputación para falar do Plan Concellos
Por Redacción
A voceira do grupo provincial do PP e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentou por escrito no rexistro da Deputación unha nova solicitude para manter unha reunión urxente coa presidenta, Carmela Silva. A petición realizouna en nome de todos os alcaldes do PP na provincia e ten como obxectivo que o goberno de PSOE e BNG lles expliquen os cambios que teñen previstos para o Plan Concellos do próximo ano.
Arévalo recorda que levan máis de tres meses esperando a que os convoquen, desde o pasado mes de xullo, e pide a Carmela Silva que a reunión sexa antes do 15 de novembro. Queren que citan á reunión a todos os alcaldes, pero de xeito especial aos do Partido Popular, que son os que están solicitando este encontro.
Ademais, os alcaldes do PP insisten na súa proposta para crear unha comisión na que fixar os criterios de reparto e critican que están exactamente igual que hai un ano, coas mesmas incertezas e dúbidas sobre o reparto dos fondos provinciais.
Os 'populares' tamén critican que tiveran que enterarse polos medios de comunicación que o goberno bipartito decidiu, de forma unilateral e sen diálogo, introducir cambios neste plan para os orzamentos do próximo ano. Nesta liña, Nidia Arévalo salienta que o único que reclaman os alcaldes 'populares' é diálogo, que a presidenta se sente con eles e lles explique o que ten pensado facer cos fondos provinciais o próximo ano, pero tamén que escoite o que os alcaldes queren propoñerlle.
Relacionadas:
-
O goberno provincial cualifica de "escrache" o acto de protesta protagonizado por trinta alcaldes do PP
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os alcaldes do PP métenlle presa á Deputación co reparto dos fondos provinciais do vindeiro ano
Por Oskar Viéitez |
-
O PP defenderá no pleno un novo modelo para o Plan Concellos
Por Alejandro Espiño |
-
Carmela Silva esixe ao PP que "deixe de mentir" con argumentos "pueriles e sen contido"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP esixirá á Deputación un plan permanente de limpeza de praias, ante a "falta de apoio" actual aos concellos
Por Redacción |