Case 1.700 prazas ofértanse nas ludotecas de verán de Pontevedra
Por Redacción
Un total de 1.690 prazas haberá este ano na actividade Ludoverán 2016, as ludotecas que organiza para nenos de entre 3 e 12 anos, nos meses de xullo e agosto, a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Pontevedra.
As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes no local da Fanpa (rúa Xan Guillermo) do 6 ao 10 de xuño de 09.00 a 14.00 horas ou mediante o correo electrónico ludotecas@nontedurmas.org.
As ludotecas estarán divididas en catro quendas quincenais nas urbanas, e en dúas quendas mensuais nas rurais.
Ademais, como novidade ofértase unha ludoteca deportiva, que se fará ao aire libre sempre que o tempo o permita.
As urbanas serán en Campolongo, Manuel Vidal Portela (inglés), Marcos da Portela, Barcelos e Crespo Rivas (só infantil), e Xunqueira I (deportiva); mentres que as rurais serán en Cabanas, Ponte Sampaio, Vilaverde, Parada-Campañó, A Carballeira e Xeve.
Os horarios serán de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, e ampliado de 08.30 a 14.30 horas para as persoas que o precisen. Ofreceranse ademais servizos complementarios como plan madruga e comedor.