Espectacular limpeza da parede vertical do encoro do Pontillón de Castro
Por Redacción
Esta semana iniciáronse os traballos de limpeza e mantemento do paramento vertical do encoro do Pontillón de Castro. Estes labores realízanse, segundo apunta o Concello de Pontevedra, para prolongar a vida útil da presa e de todas as instalacións eliminando vexetación que deteriore a estrutura da construción.
A empresa fora elaborada en cachotería granítica, un material que precisa limpeza periódica. Este paramento vertical conta cunha altura de 23 metros e obriga a que estes traballos sexan executados por operarios especializados de Viaqua que contan cun alto nivel de adestramento para poder realizar a limpeza en altura.
Esta presa foi construída entre os anos 1943 e 1956 na parroquia de Verducido. Dela procede a auga potable que se consome na cidade de Pontevedra. Ademais, a estrutura acolle a pista deportiva de piragüismo David Cal onde se celebran diferentes competicións.