Un ciclista accidentado en Troáns é socorrido polo alcalde
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Agrupación de Protección Civil de Cuntis participou na evacuación dun ciclista accidentado na estrada nacional N-640.
O suceso tivo lugar ás 14.20 horas deste luns no lugar de A Coba, na parroquia de Troáns. O ferido, coas iniciais R.L, é veciño de Vilagarcía.
Segundo informaron dende Protección Civil, o ciclista sufriu un fallo mecánico na súa bicicleta que lle ocasionou unha caída, cun forte impacto na cara e unha fractura na man esquerda.
Nun primeiro momento foi socorrido polo seu compañeiro e por un operario do Concello de Cuntis e o propio alcalde, Manuel Campos.
Os servizos de emerxencia trasladaron o ferido en ambulancia ao hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.