Inician o proceso para poñer a disposición da Xunta os terreos para o colexio do Revel
Por Redacción
O salón de plenos de Sanxenxo foi escenario este mércores do levantamento de actas de pago e ocupación dos terreos pertencentes a particulares afectados polo proxecto de expropiación para a construción do novo colexio do Revel.
Tras este acto, o goberno local inicia o proceso para poñer estes terreos a disposición da Consellería de Educación, coa intención de que se axilicen ao máximo os trámites.
Un total de 33 propietarios foron citados para formalizar o pago e ocupación das súas parcelas aínda que soamente catro presentaron a documentación requirida para que puidese efectuarse o pago. O resto das cantidades serán consignadas na delegación provincial do Ministerio de Facenda, situada na rúa Fernández Ladreda, en Pontevedra.
A posta a disposición dos terreos era un paso necesario para que a Xunta de Galicia poida habilitar unha partida orzamentaria xa en 2017 destinada á construción do centro educativo, unha vella reivindicación dos veciños de Vilalonga e tamén do Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Os afectados do Revel cobran as cantidades fixadas polo tribunal de expropiación
Por Redacción |
-
O Concello abonará as expropiacións do Revel o día 15
Por Redacción |
-
Sanxenxo poñerá a disposición da Xunta os terreos do Revel en outubro
Por Redacción |
-
Posta a punto do CEIP Portonovo para o próximo curso
Por Redacción |
-
O Concello remite a cancelación das cantidades consignadas para 23 parcelas en O Revel
Por Redacción |
-
Axilizar a construción do colexio do Revel, prioridade para o goberno local
Por Redacción |
-
Conclúe o proceso de expropiación dos terreos do futuro colexio do Revel
Por Redacción |