Tres novas empresas se instalan no polígono de Barro-Meis
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá contratos con tres novas empresas que ocuparán unha oficina e dúas naves no viveiro do Polígono de Barro-Meis.
- Certivedra Rehabilitación C.B. ocupará a oficina catro desde a que se encargará da elaboración de proxectos de construción e rehabilitación enerxética de edificios.
- O empresario Avelino Tourís Carballo ocupará a nave oito desde a que comercializará sal mariña 100% sen aditivos.
- Pola súa banda, Jorge Fontán Carballo ocupará a nave un e anunciou o seu interese en asinar un novo contrato para ampliar o espazo e asentarse noutra nave do polígono de Barro-Meis, desde as que se dedicará ó transporte e distribución de mercadorías perecedoiras por estrada.
Carmela Silva subliñou a importancia da firma destes convenios, que se están a producir semana a semana, "para impulsar a actividade económica e o emprego".
Neste contexto, a presidenta da Deputación de Pontevedra destacou o papel das persoas emprendedoras "xa que grazas ás súas iniciativas e valentía, estase a promover o desenvolvemento económico, creando postos de traballo e convertendo á provincia de Pontevedra nun referente en materia de innovación e competitividade".
O viveiro do Polígono de Barro-Meis conta con 1.857 metros cuadrados destinados á promoción económica da provincia de Pontevedra dotados de todos os servizos para facilitar a implantación de novas empresas a través de naves, oficinas, salas de xuntas e espazos de coworking.
Coa firma destes tres novos contratos, na actualidade o viveiro de Barro-Meis ten asentadas empresas en cinco oficinas e catro naves, o que supón unha ocupación do 21% das oficinas e o 25% das naves.
Relacionadas:
-
Xa podes mercar algunha das 48 parcelas dispoñibles no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Catro novos proxectos empresarias ocupan o viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Unha nova empresa adicada ao reciclaxe ocupa unha oficina do Viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Tres novas empresas instalaranse no polígono de Sequeiros nos próximos meses
Por Redacción |
-
Un empuxón para que 120 mozos se incorporen por conta propia ao mercado laboral
Por Redacción |
-
Estas son as sete novas empresas do viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Catro novas empresas ultiman os trámites para instalarse no viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
O PP denuncia que os prezos do viveiro de empresas de Barro-Meis son superiores aos do mercado
Por Redacción |