Unha nova empresa adicada ao reciclaxe ocupa unha oficina do Viveiro de Barro-Meis
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este mércores coa emprendedora María José Magdalena Castro un novo acordo de cesión dun espazo no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial.
Deste xeito o viveiro, que foi construído no marco dun convenio de colaboración coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación INCYDE), acollerá na oficina número 7, de 18 metros cadrados, a empresa de reciclaxe, sostenibilidade e redución de contaminación de residuos "Ecotecnoloxía Producións Sostibles".
A presidenta sinalou a "importancia de apoiar o emprendemento, ás emprendedoras e emprendedores, xa que grazas a elas e eles, a través da súa valentía e das súas iniciativas, se xera riqueza e se crean postos de traballo". Ademais, asegurou Carmela Silva que "un dos obxectivos da Deputación é o de converter Pontevedra nunha provincia de referencia en materia de innovación e competitividade, e ambas estas dúas cuestións teñen moito que ver co emprendemento", afirmou.
Silva subliñou ademais a importancia que estas novas empresas "lideradas por mulleres" estean adicadas a fomentar a cultura da sostenibilidade do noso medio coa aplicación de novas tecnoloxías sobre a auga ou os residuos.
A empresa "Ecotecnoloxía Producións Sostibles" adícase ao subministro de equipacións para a filtración de augas e a redución de residuos tanto domésticos como da industria.
Relacionadas:
-
Catro novos proxectos empresarias ocupan o viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Tres novas empresas instalaranse no polígono de Sequeiros nos próximos meses
Por Redacción |
-
Un empuxón para que 120 mozos se incorporen por conta propia ao mercado laboral
Por Redacción |
-
Tres novas empresas se instalan no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Estas son as sete novas empresas do viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |