Bueu homenaxea os seus alfombristas máis veteranos
Por Redacción
As II Xornadas das Alfombras Florais de Bueu volveron render homenaxe, por segundo ano, aos alfombristas veteranos da vila. Foi este domingo no transcurso dun emotivo acto organizado pola Asociación das Alfombras do Corpus de Bueu no Centro Social do Mar.
Os alfombristas homenaxeados foron Julia Rodríguez Galup, María del Carmen Souto Sequeiros, José Luís Davila Juncal, Antonio Lorenzo Santos, Maruja Buceta López, Manuel Malvido Rúa, Carmen Rodríguez Casas, Antonio Martínez Villegas, Carmen Couso Domínguez, e a título póstumo, Manuela Diz Gutiérrez e Teresa Martínez Gómez.
Durante a gala proxectáronse dous vídeos sobre a confección das alfombras e o Corpus de Bueu e entregáronse agasallos a cada un dos homenaxeados.
A presidenta da asociación, Carmen Santos, lembrou ás persoas que están traballando a diario para que as alfombras decoren Bueu no Corpus, que este ano se celebra o 29 de maio. Tamén o alcalde, Félix Juncal, agradeceu o traballo de quen leva "nome de Bueu polo mundo" en alusión a esa expansión do Corpus e das alfombras de Bueu, que irá a lugares como Noto (Italia) e este ano organizou obradoiros para persoas maiores e alumnos dos diversos centros educativos.
O rexedor da vila reiterou de novo que "as alfombras se están revitalizando e recuperando o valor de tempos pasados", recoñecemento que agarda que sexa proximamente agradecido coa declaración do Corpus de Bueu como festa de interese turístico de Galicia, galardón no que se está traballando.
Relacionadas:
-
Bueu arranxa os aparcadoiros para os visitantes que asistan ao Corpus
Por |
-
As alfombras florais regresan a Bueu para o Corpus
Por Redacción |
-
A Asociación das Alfombras de Bueu convoca un concurso de carteis
Por Redacción |
-
As alfombras, en Bueu, xa non son patrimonio exclusivo do Corpus
Por Redacción |
-
Bueu aspira a que a súas alfombras florais sexan recoñecidas pola UNESCO como "arte efémero"
Por Redacción |