Bueu arranxa os aparcadoiros para os visitantes que asistan ao Corpus
Por
Bueu xa ten listos os aparcadoiros das Lagoas e o próximo ao colexio Virxe Milagrosa, nos que se realizou a roza e a preparación do firme con fresado.
Esta medida leva a cabo pola celebración este fin de semana do Corpus e das tradicionais alfombras florais. Por iso tamén levouse a cabo a limpeza de diversas zonas do centro urbano.
O aparcadoiro situado xunto ao colexio Virxe Milagrosa tamén acolle desde agora os dez colectores que se retiraron das rúas que se van a pechar ao tráfico durante os dous días do Corpus.
Desde as 15 horas do sábado non se poderá circular na zona das casas baratas e a partir das 21.30 horas pecharanse o resto de rúas polas que pasa o percorrido da procesión, que transcorrerá por Pazos Fontenla, Francisco Escáneo e Montero Ríos á altura de Eduardo Vicenti. Ata unha hora despois da finalización da procesión non se volverá a abrir ao tráfico esas rúas, salvo Pazos Fontenla, porque se procederá á limpeza inmediata.
Por outra banda, durante esta semana tamén se concluíron as obras de reparación no Camiño da Graña. Canalizáronse as augas e asfaltouse a zona cun orzamento de case 7.000 euros.