Inician as obras de reforma na rúa Circunvalación de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis comezou a executar as obras de reforma da segunda fase na rúa Circunvalación.
Os traballos céntranse na substitución das beirarrúas e a reposición de servizos, ao dotar á zona de rede de auga e bocas de rega para o baldeo.
As obras iniciáronse na marxe dereita da rúa, entre o semáforo e a gasolineira.
A actuación afecta a unha superficie total de 572 metros cadrados e realízase con medios propios do Concello.