A finais de abril adxudicaranse vivendas de promoción pública en Pontevedra, Cotobade, Ribadumia, Poio e Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Comisión Provincia de Vivenda iniciará na última semana do mes de abril o procedemento para a adxudicación de 19 vivendas de promoción pública en oito concellos da provincia de Pontevedra. Trátase de vivendas usadas que foron recuperadas pola Xunta tras a renuncia dos anteriores adxudicatarios.
Conforme ao que establece a normativa vixente en materia de vivenda de promoción pública, as mesmas serán adxudicadas a través do sorteo entre os solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia na data en que a comisión determine o inicio do procedemento de adxudicación, que será na última semana do mes de abril.
Polo tanto, todos os interesados na adxudicación de ditas vivendas deben solicitar á maior brevidade posible a inscrición en dito rexistro, salvo que xa estiveran efectivamente inscritos no mesmo.
Os interesados en inscribirse no rexistro deberán dirixirse á área provincial do IGVS en Pontevedra (R/ Alcalde Hevia, 7. Pontevedra. Teléfono de Información: 986 805 314 ou 986 805 632) ou consultar a información na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
As vivendas vacantes que se adxudicarán a través do Rexistro de Demandantes emprázanse nos concello de Cotobade (1), Pontevedra (2), Ribadumia (1), Poio (1), o Porriño (1), Vilagarcía (1), Vila de Cruces (12).