A semana arrinca con chuvascos intermitentes
Por Redacción
Meteogalicia mantén activada unha alerta laranxa no litoral e amarela no interior de Pontevedra, coa previsión de que se rexistren precipitacións de máis de 15 litros por metros cadrados en só unha hora.
As horas máis afectadas polas choivas serán de 12.00 do mediodía ás 21.00 horas.
Pero tamén alertan de refachos de vento superiores a 70 ou 80 quilómetros por hora e ondas de 5 a 6 metros e vento no mar.
A situación débese a unha fronte moi activa, provocado por unha borrasca situada ao norte de Galicia e tampouco se descarta aparello eléctrico e saraiba asociada. Mañá martes a alerta continúa pero centrarase só no litoral galego.
Ata metade de semana a borrasca continuará estacionaria ao noroeste de Galicia.
O xoves espéranse chuvascos intermitentes, localmente acompañados de aparello eléctrico.