A saraiba ocasiona un accidente con feridos na variante de Marín
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
Unha forte saraiba caída sobre a unha e media da tarde foi a probable causa do accidente de tráfico rexistrado este domingo na estrada VG 4.4, coñecida como a variante de Marín, á altura da saída de Seixo.
O sinistro consistiu nunha colisión fronto-lateral entre dous turismos, ao invadir un dos vehículos o carril contrario.
O suceso produciuse nun tramo recto en pendente con carril de adiantamento nun dos sentidos.
As tres persoas feridas foron trasladadas en ambulancia a un centro sanitario para recibir atención médica.
Ao lugar do accidente tamén se trasladaron os Bombeiros do Morrazo e axentes da Garda Civil de Tráfico.