O punto negro da Variante de Marín, escenario dun novo accidente cunha muller ferida
Por Redacción
O tramo da Variante de Marín considerado como un punto negro de tráfico segue rexistrando, cada día que as condicións da vía se complican, un goteo de accidentes.
O último, este venres ao redor das 11:30 horas cando a condutora dun vehículo perdeu o control nunha baixada e saíuse da vía tras cruzar o carril contrario, coa fortuna de que non pasaba nese momento outro coche en dirección oposta.
A condutora, unha muller de 32 anos de idade, resultou ferida e foi trasladada en ambulancia ao Hospital Domínguez de Pontevedra con prognóstico leve.
O suceso tivo lugar no quilómetro 4 da citada estrada, a VG 4.4.
Relacionadas:
-
A Xunta descarta, polo de agora, reducir a velocidade e opta por actuar sobre o firme da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Instan á Xunta a tomar medidas pola sinistralidade da Variante de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Excarceran o condutor dun coche tras un brutal accidente na variante de Marín
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Unha persoa ferida en dúas saídas de vía ocorridas á primeira hora na variante de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Ferida unha condutora tras dar co seu coche varias voltas de campá
Por Diego Torrado |
-
A saraiba ocasiona un accidente con feridos na variante de Marín
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez |