A Fiscalía pide catro anos de prisión aos fundadores dun club de cannabis de Pontevedra
Por Redacción
A Fiscalía de Pontevedra pide catro anos de prisión a dous fundadores da Asociación Casa María, creada como un club social de cannabis na cidade de Pontevedra.
O Ministerio Público solicita para os fundadores e un socio do club dous anos de condena e multa de 7.000 euros por un delito contra a saúde pública e outros dous anos máis de cárcere e multa de 1.400 euros para os dous fundadores por un delito de asociación ilícita.
Esta asociación estaba inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta en xuño de 2012 e tiña a súa sede na rúa Tristán de Montenegro onde se descubriu un secadoiro de plantas e punto de venda de marihuana para as súas 129 asociados.
No marco da investigación instruída polo Xulgado número 1 de Pontevedra detállase que estes acusados alugaron unha casa na localidade de Vilaboa onde producían plantas de marihuana que logo secaban e vendían en bolsas desde o piso da rúa Tristán de Montenegro.
Nos estatutos figura que entre os fins desta asociación estaba "evitar o perigo para a saúde dos seus usuarios inherente ao mercado ilegal de cannabis".
A Policía Nacional chamou á investigación "Operación Duelo" e desenvolveuse en colaboración coa Policía Local, incautándose 5,2 quilos de marihuana, ademais de numerosos útiles para o cultivo e a distribución polo miúdo destas sustancias.
Relacionadas:
-
O Supremo confirma a condena aos fundadores do club de cannabis 'Casa María'
Por Natalia Puga |
-
Representantes de 'Casa María', acusados dun delito contra a saúde pública, defenden ante o xuíz o uso terapéutico do cannabis
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A Audiencia xulga esta semana os fundadores e un socio dun club de cannabis de Pontevedra
Por Redacción |
-
O responsable do club cannábico nega ánimo de lucro "sólo fines terapéuticos"
Por Oskar Viéitez |