En Pontevedra, sabemos circular polas rotondas?
Por Oskar Viéitez
A aparición desta modalidade de intersección nas vías, tanto urbanas coma interurbanas, da nosa comunidade é relativamente recente. Son unha contribución de Inglaterra ao diseño viario, que foi logo adoptada por outros países e que en España comezaron a instalarse no 1994.
Na nosa cidade tamén proliferaron nos últimos anos, levando aparellada simultaneamente a eliminación dos cruces tradicionais e, en xeral, contribuíndo tamén á desaparición de puntos negros de accidentes e a fluidez da circulación.
A alarma xorde no ano 2006. Un de cada catro accidentes prodúcense en rotondas.
Os datos estatísticos de accidentes de tráfico do ano 2006 (915 accidentes en total – 226 en glorietas ou rotondas) reflectían que a porcentaxe dos accidentes en rotondas é de 24.7% con relación ao total dos accidentes.
Da análises destes datos a Policía Local concluíu daquela, entre outras cousas, que existía unha confusión bastante xeneralizada acerca das normas que rexen sobre a preferencia de paso nestas interseccións.
Moitos dos condutores descoñecían como circular por unha glorieta, moitos entendían as rotondas como un cruce. Froito deste datos, no mes de abril do ano 2007 o Concello de Pontevedra levou a cabo unha ambiciosa campaña (a primeira en toda España) de como se debe circular nas glorietas.
No ano 2015 o porcentaxe baixa 14.5 puntos o que supón un 59% de baixada de accidentes en rotondas co relación ao número total de accidentes (792 accidentes en total e 81 en rotondas).
Un dato revelador é que no pasado ano 2015 o 64% dos accidentes en rotondas en todo o municipio conclúense cun "parte amistoso", onde as partes se poñen de acordo. Para a Policía Local isto dá a entender que a maioría dos condutores son coñecedores das normas.