Un grupo de veciños de Combarro acode ao pleno municipal para reclamar semáforos na Canteira
Por Redacción
Un grupo de veciños de Combarro acudiu este martes ao Pleno do Concello de Poio para reclamar un paso de peóns regulado con semáforos en Combarro, concretamente na zona da Canteira.
Aseguran que levan máis de cinco anos reclamando ao concello esta medida de seguridade viaria.
Desde o goberno local entenden que debe ser a Xunta de Galicia quen asuma esta reclamación ao ser estrada de titularidade autonómica.
Con todo os veciños afirman que a Consellería de Infraestruturas asegura que, ao ser un tramo urbano, é competencia da administración municipal acometer esta actuación.