O Cristo das Caídas, protagonista do Luns Santo
Por Mónica Patxot
Por terceiro ano consecutico o Cristo das Caídas foi protagonista do Luns Santo en Pontevedra, cunha procesión que partiu da igrexa de San Bartolomé.
Máis dunha vintena de costaleiros da Cofradía de la Vera Cruz e Misericordia renderon tributo á imaxe do Cristo Nazareno das Caídas, peza do século XVIII que se garda no Convento de Santa Clara.
Trátase dunha procesión recuperada hai tres anos tras desaparecer da programación da Semana Santa de Pontevedra na década dos 60.
A marcha estivo acompañada por representantes do resto de confrarías e con interpretación de Motetes polo Coro de Ex-Cantores dos Institutos e o Coro Luís García Limeses.
Este martes toma a testemuña a procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza tras a misa das 20:00 horas na igrexa de San Bartolomé.
Relacionadas:
-
O Bico de Xudas marca o paso da procesión do Xoves Santo
Por Diego Torrado | Creada e actualizada
-
A procesión 'máis feminina', a do Mércores Santo coas mulleres da Maior Dor
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Nazareno cumpre a súa cita co Martes Santo
Por Diego Torrado |
-
Cal é o atractivo turístico de Pontevedra durante a Semana Santa?
-
Cofrades pendentes do ceo pola ameaza de chuvia
Por Redacción |
-
A 'Burriña' sálvase da choiva nun concorrido arranque da Semana Santa
Por Diego Torrado |