A parroquia de San Xosé de Campolongo presenta as súas novas imaxes
Por Redacción
Resulta curioso ver como respectables octoxenarios sucumben ante o irresistible impulso de facer unha foto co móbil en metade da igrexa.
É quizá unha mostra de orgullo, aínda que nada que ver co pecado capital da soberbia ou a vaidade senón co sentimento de satisfacción que acompaña aos fieis da parroquia de San Xosé de Campolongo polas novas imaxes adquiridas pola confraría do Amor Fermoso e que se procesionarán na Semana Santa.
O templo encheuse este sábado para participar na cerimonia solemne de coroación da imaxe da confraría, a Virxe do Amor Fermoso, e foron moitos os que quixeron levar ás súas casas o recordo plasmado nunha fotografía.
Estas novas imaxes son unha das novidades que ofrecerá este ano a Semana Santa.
Ao paso do Bico de Judas poderémolo ver o próximo día 24 e a imaxe da Verónica se procesionará o Venres Santo durante o Santo Enterro; o Domingo de Pascua, sairá a talla de María Magdalena.