"Entre os micromachismos atópanse os falsos mitos sobre as feminazis"
Por Redacción
O Círculo Podemos Pontevedra celebra o Día Internacional da Muller con varias actividades, abertas a toda a cidadanía, na Casa da Luz da cidade e que se están a desenvolver durante toda esta semana.
Así, o programa, que conta con exposicións, debates, conferencias, proxección de curtametraxes, relatorios e concertos, continuou este mércores na Casa da Luz coa conferencia “Micromachismos” da man de Laura Villaverde, responsable da área de Traballo de Igualdade do Círculo Podemos Pontevedra.
Villaverde subliñou que “entre os comportamentos machistas que contribúen á opresión das mulleres atópanse os micromachismos ou machismos de baixa intensidade que están tan normalizados e asentados no cotián que son prácticamente invisibles” e que, sen embargo, asegurou, “son peza clave do sistema patriarcal no que vivimos” e unha “ferramenta moi útil”, afirmou, “para manter ás mulleres na actual situación de opresión”.
Por iso, indicou, “debemos coñecelos, aprender a identificalos e loitar contra eles, eliminándoos dos nosos comportamentos”.
Entre os micromachismos, matizou, “atópanse os falsos mitos sobre o feminismo, o feminazismo e as mentiras sobre o que é e non é o feminismo”.
Pero sobre todo, concluíu Villaverde, “as ferramentas de control do patriarcado como os roles sociales de princesas, o mito da beleza, as cancións, ou o medo a adoptar ante a tecnoloxía que constitúen a educación das nenas”.
O programa continúa o xoves ás 19.00 horas na Casa da Luz co relatoiro sobre “Empoderamento” de Chus Lois Navaza e o venres cun concerto e clausura da exposición inaugurada o pasado martes.