Avanza o derrubamento do acuario da praia de Compostela en Vilagarcía
Por Redacción
Execútanse xa as obras de demolición do acuario da praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa por orde da Dirección Xeral de Costas. Estas instalacións atopábanse ocupadas na actualidade polo Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CITA), que aínda non contan cunha nova localización.
Este edificio foi construído en 1985 polo arquitecto César Portela para albergar un acuario que nunca chegou a ver a luz. A causa da orde da derrubamento é que está a ocupar unha importante zona do areal e afea a contorna.
As obras de demolición, que executa a empresa Tragsa, contan cun orzamento de 80.000 euros. Agárdase que os traballos rematen antes da Semana Santa.