O Concello ofrece 120 prazas para cursos fitosanitarios no rural
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Concellaría de Rural organiza Cursos de operador e manipulador de produtos fitosanitarios en distintas parroquias do rural a partir de finais de mes.
Estes cursos, que están sendo moi demandados por todos os veciños do rural dado que a lexislación actual obriga a dispor destes cursos de operador para poder empregar estes productos, aínda que sexa nas hortas particulares, serán de 25 horas e terán un custe de 20 euros por curso.
As persoas interesadas poderán inscribirse na Alcaldía a partir das 09.00 horas do luns, 7 de marzo. O Concello oferta 30 prazas por curso.
As parroquias nas que se van organizar son:
Parroquia | Datas | Horario |
LEREZ | 28/03/16 – 01/04/16 | 16.30 a 21.30 horas |
XEVE | 28/03/16 – 01/04/16 | 16.00 a 21.00 horas |
CERPONZÓNS | 04/04/16 – 08/04/16 | 16.30 a 21.30 horas |
TOMEZA | 04/04/16 – 08/04/16 | 16.00 a 21.00 horas |