Unha empresa revisará as sulfatadoras dos veciños de Sanxenxo
Por Redacción
Unha empresa especializada desprazarase o vindeiro sábado, día 8, ás inmediacións da Casa de Cultura de Adina, onde poderán pasar esta revisión os propietarios destes equipos, solicitando para iso cita previa nas dependencias da Concellería de Medio Ambiente en Vilalonga ou a través da web da empresa que os realizará, www.nagarservicios.com.
Os equipos teñen que estar inscritos no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) da provincia. Quedan excluídas das revisións os equipos fitosanitarios que sexan pulverizadores de mochila e os de arrastre manual (carretillas) con depósito de ata 100 litros inclusive.
Os equipos novos deben pasar estas inspeccións nos cinco primeiros anos desde a súa compra; as posteriores realizaranse cada cinco anos, excepto para os que prestan servizos a terceiros, nos que se fará cada tres anos. A partir do ano 2020, as inspeccións faranse cada tres anos.
Todos os equipos obrigados deberán estar inspeccionados polo menos unha vez antes do 26 de novembro de 2016.
Os elementos que se inspeccionan son os de transmisión da potencia, a bomba, axitación, o tanque do liquido para a pulverización, sistemas de medida e de regulación e control, tubos e mangueiras, filtrado, barra de pulverización, en equipos que os incorporen, boquillas, distribución e sistemas pneumático en equipos que o incorporen. Ademais, mediranse o manómetro, a regulación da presión e o caudal das boquillas.