O goberno provincial modifica o orzamento para "incrementar os recursos para servicios básicos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O goberno da Deputación de Pontevedra aprobou no pleno provincial deste venres cos votos de PSOE e BNG e a abstención de Marea, unha modificación orzamentaria que, segundo explicou o responsable de economía e deputado Carlos López Font, "incrementará en 14.644.100 euros os recursos que se destinarán este ano a servizos básicos aos cidadáns".
A metade desta incorporación farase como créditos extraordinarios por importe de 7.370.000 euros. A outra metade, 7.274.000 euros, serán para incrementar partidas existentes e insuficientes nos orzamentos de 2016.
Os novos créditos financiaranse con aforro propio procedente de exercicios anteriores, polo que "no suponen aumentar deuda".
Os gastos son dirixidos a proxectos de "interés general, social, asistencial y de refuerzo de la colaboración con los concellos", dixo Font. Segundo desglosou na súa intervención as partidas que aumentan en crédito pertencen fundamentalmente ás áreas de Deportes, un 28,3%; Cooperación cos concellos, un 22,3%; e Mobilidade, un 21,4%.
Estas áreas, que xestionan servizos básicos municipais e provinciais, absorben o 72% do total de suplemento de créditos desta proposta.
Cohesión Social e Xuventude, o Centro Príncipe Felipe e Igualdade reciben un 19% do suplemento total. O 18,5% adícase ao fomento do emprego e o 5% do suplemento de crédito engadido diríxese á promoción da cultura e a ampliar a oferta do Museo con adquisicións e subministracións.
"FRACASO ANUNCIADO"
A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Nidia Arévalo, indicou que esta modificación de crédito é un "fracaso anunciado" xa que "confirma o que dixemos os populares cando presentaron o orzamento".
Neste senso recomendoulles o goberno bipartito PSOE-BNG que "non cuspan ao ceo que lles pode caer na cara", en referencia ás críticas feitas no seu día ao seu grupo polo goberno provincial no debate do presuposto porque "cando agora con esta modificación veñen a darnos a razón".
"CAMBIO DE MODELO"
No peche do debate deste punto na orde do día do Pleno, Carlos Font subliñou que esta modificación do orzamento "es mucho más" que un aumento de recursos para "dar respuesta a todos los compromisos que adquirimos como gobierno". Segundo afirmou "es una muestra inequívoca de que cambiamos radicalmente con el modelo anterior, al que siempre nos opusimos frontalmente", respecto a "discrecionalidad" do goberno anterior do Partido Popular.