Louzán logra aprazar a súa declaración en Cambados por suborno por "cuestións personais"
Por Redacción
Haberá que esperar para volver ver a Rafael Louzán nos xulgados. O ex presidente da Deputación de Pontevedra tiña previsto prestar declaración en calidade de investigado nos xulgados de Cambados, por un presunto delito de suborno. Pero finalmente, aprazouse.
Foi o propio Louzán o que presentou un escrito este mediodía solicitando ao Xulgado de Instrución número 2 de Cambados suspender esta declaración por cuestións persoais.
Segundo informaron fontes xudiciais, o tribunal accedeu a este adiamento, ao entender que existían razóns obxectivas para iso.
Por agora, non se fixou unha nova data para esta declaración.
O ex presidente do PP de Pontevedra está a ser investigado polo caso aberto en relación coa compra e posterior aluguer con sobrecusto de tres baixos comerciais da súa propiedade na zona de Navia, en Vigo.