Que opinan os pontevedreses do nomeamento de Mariano Rajoy como "persoa non grata"?
Mariano Rajoy será considerado "persoa non grata" a partir do luns 22 na súa propia cidade. Esta petición iniciada por PSdG-PSOE xunto con Marea e apoiada polo BNG será oficial a partir da próxima semana. Este nomeamento fundaméntase nas decisións que tomou o goberno central en funcións de prorrogar durante 60 anos a permanencia da empresa ENCE en Lourizán.
Os pontevedreses teñen opinións dispares, por unha banda cren que o merece e que é inxusto o que o PP fixo coa ría. "Despois da labazada que lle deron, el devólvea, pero devólvea estragando a ría para toda a vida", comentaba indignado un señor que paseaba polas rúas da zona vella.
A xente maior é a que máis a favor está desta nomenclatura, cren que a baixada de pensións e os recortes que exerceu durante o seu mandato foron un desastre. "Non sei para que se mete en camisas de once varas, parece mentira, pero é o que hai", declaraba outro veciño de Pontevedra.
E doutra banda, a xente de mediana idade cre que é esaxerado, todos están de acordo en que a prórroga de ENCE é un erro e que debería trasladarse a outra localización, pero que o "castigo municipal" é demasiado forte. Consideran que Rajoy non é o único responsable.
Na enquisa realizada por PontevedraViva os mozos son os menos interesados no tema, algúns cren que o merece pero a maioría móstranse indiferentes porque din "non cambia nada".
Relacionadas:
-
Rajoy, "dolido" por ser persoa non grata: "Podría decir que me importa un bledo, pero no me gustó"
Por Alejandro Espiño |
-
Mariano Rajoy, 'persoa non grata' en Pontevedra tras un pleno bronco e cheo de tensión
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Dirixentes do PP e traballadores de ENCE defenden a Rajoy antes do Pleno
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Pontevedra, foco mediático pola declaración a Rajoy como persoa non grata
Por Alejandro Espiño |
-
Rajoy será 'persona non grata' en Pontevedra desde o luns
Por Alejandro Espiño |
-
O PSdG leva a pleno a petición de declarar a Rajoy persoa non grata en Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE e Marea queren declarar a Mariano Rajoy "persona non grata" por conceder a prórroga a ENCE
Por Oskar Viéitez |