O Porto de Marín nega ter débedas con Pontevedra pola auga e pide ao Concello que "deixen de intoxicar"
Por Redacción
A Autoridade Portuaria desmente rotundamente que se manteña algunha débeda polo subministro de auga co Concello de Pontevedra "como vén declarando de forma reiterativa aos medios de comunicación" o concelleiro de Facenda, Raimundo González.
Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, o Porto de Marín asegura "está ao corrente de todas e cada unha das súas facturas de auga". Explica que as empresas do Porto están utilizando auga subministrada polo Concello de Marín e que a factura por dito abastecemento "está sendo abonada puntualmente a dito concello".
O subministro ás empresas e a conexión que utiliza o Porto, segundo a Autoridade Portuaria, "realízase co máximo respecto á legalidad vigente" como así o demostran, din, as "numerosas sentenzas xudiciais dictadas neste sentido a favor da Autoridade Portuaria".
O Porto de Marín conclúe esixindo a Raimundo González "que deixe de intoxicar e confundir á opinión pública con afirmacións que sabe que son absolutamente falsas e que están deixando en dúbida de forma inxusta á Autoridade Portuaria fronte aos empresarios e a sociedade da contorna".
Relacionadas:
-
Pontevedra e Marín amosan a súa vontade de resolver o conflito do subministro de auga ao Porto
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello acusa ao Porto de actuar con "mala fe e deslealtade" con respecto ao subministro de auga
Por Alejandro Espiño |
-
A Igrexa paga o IBI en Pontevedra, o Porto de Marín non fai o mesmo coa agua
Por Alejandro Espiño |