Pontevedra e Marín amosan a súa vontade de resolver o conflito do subministro de auga ao Porto
Por Alejandro Espiño
"Hai unha vontade dos dous concellos para resolver este tema de forma definitiva", di o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. ÿ a conclusión da reunión entre el, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, os respectivos concelleiros de Facenda, Raimundo González e Manuel Santos, e técnicos dos dous concellos para analizar a problemática existente co subministro do auga a Marín e, en consecuencia, ao Porto de Marín.
Miguel Fernández Lores, que non quixo profundizar no tema "para non lialo máis", explicou que o Concello de Pontevedra realizou unha proposta de convenio entre ambos municipios "e seguimos negociando coa intención e chegar a acordo". Neste sentido, limitouse a afirmar que "o que queremos é que a auga que se consuma se pague, que se pague aos prezos que se pagan en todos os concellos e polígonos industriais e se regularice todo iso".
O alcalde de Pontevedra recordou que se trata dun conflito "histórico" e que as negociacións remóntanse a gobernos anteriores. En marzo do ano pasado, explicou, houbo un "pago substancial" de Marín a Pontevedra que saldou "practicamente" toda a débeda existente, pero era un acordo que non incluía ao Porto de Marín e agora "estamos buscando alternativas e negociando un hipotético convenio para deixar finiquitada e clarificada a cuestión".
En todo caso, sinalou Fernández Lores é un asunto que require negociacións e conversacións previas con avogados "porque o tema está no xulgado e ten a súa complexidade".
Pola súa banda, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, tamén valorou positivamente este encontro e explicou que "discurrió con la finalidad de intentar buscar soluciones a una situación dilatada en el tiempo". Neste sentido, asegurou que se intercambiou información "y se quedó, desde el punto de vista jurídico, técnico y económico las posibilidades de clarificar las situaciones derivadas de esta situación".
Ambas partes quedaron convocadas para unha próxima reunión técnica, na que se estudará o achegamento que se deriven desta "compleja situación", podendo acompañar, dixo Ramallo, os estudos e informes necesarios que posibiliten chegar a un próximo acordo.
Relacionadas:
-
Marín saldará a débeda da auga con Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra e Marín asinan a paz polo conflito do subministro de auga ao porto
Por Redacción |
-
O Concello acusa ao Porto de actuar con "mala fe e deslealtade" con respecto ao subministro de auga
Por Alejandro Espiño |
-
O Porto de Marín nega ter débedas con Pontevedra pola auga e pide ao Concello que "deixen de intoxicar"
Por Redacción |