Carballedo, listo para render culto ao Petote
Por Diego Espiño
A sétima edición da Festa do Petote de Cotobade espera reunir a preto de medio milleiro de persoas o vindeiro domingo 21 de febreiro nunha cita que se celebrará no pavillón de Carballedo.
"Creo que é unha cita plenamente consolidada no calendario gastronómico e cultural de Galicia", sinalou o acalde de Cotobade, Jorge Cubela, na presentación dun evento que mantén prezos con respecto a pasadas edicións, cun menú de 15 euros que inclúe un cocido con petote, café e sobremesa, mentres os nenos menores de 6 anos contarán cun menú de 5 euros.
Trátase, unha vez máis, de "facer o recoñecemento que cada ano facemos nesta cita ás avoas, que en tempo de escaseza e fame recorrían a produtos como ou petote de fácil elaboración acompañando aos produtos típicos dun cocido galego" sinalou Cubela.
A presentación desenvolveuse na Tenda da Gata, en Pontevedra, que este ano será a encargada de abrir a xornada cun 'show cooking' de postres caseiros, ás 13:00 horas. Desde as 14:30 horas comezará a degustación de petote a cargo de Catering Senín, amenizado todo iso co grupo de gaitas Foula e a charanga 'Charandonga'.
Ademais desde as 12:00 horas instalaranse inchables para nenos e tamén postos de evnta de produtos galegos.
A venda de tickets manterase aberta ata o venres nos puntos habilitados, pero reservarase un número para a venda directa o mesmo domingo na entrada do pavillón. Os puntos de venda son: Bar Conchi, Bodegón Dios, Casa Perdiz, A de Tucho, A Visa Taberna, Casa Blanco, Café A Chan, Cervecería Donegal's (Pontevedra), Ernesto Filgueira (Pontevedra), Restaurante 501 (Ponte Caldelas) e O Brasileiro (A Lama).
Relacionadas:
-
Carballedo abre a venda de convites para o xantar popular da Festa do Petote
Por Redacción |
-
Máis de 400 persoas asisten á Festa do Petote en Cotobade
Por Diego Torrado |
-
O petote volve reclamar o seu protagonismo no Entroido pontevedrés
Por Redacción |
-
Cotobade serve máis de 500 racións de petote na sexta edición da súa festa gastronómica
Por Diego Torrado |