Técnicos da Xunta falarán cos veciños de Raxó a posibilidade de habilitar zonas de xiro na PO-308
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu este luns ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, para analizar os detalles finais do proxecto das futuras sendas da PO-308 ao seu paso pola parroquia de Raxó.
Na reunión estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.
A Xunta de Galicia xa marcou no seu día os terreos que serían necesarios para poder executar o proxecto das sendas, comprometéndose o concello a facilitar á Consellería de Infraestruturas os que foran de propiedade privada.
Con este proxecto, darase un paso máis para garantir a seguridade viaria nesta estrada, despois da execución de varia melloras ao longo de 2015 como a instalación de sinalización vertical e horizontal, de bandas sonoras e de asfaltado antideslizante.
O alcalde plantexou varias dúbidas en relación aos terreos que se necesitan poñer a disposición, en concreto, sobre as medidas dos mesmos. As obras suporán uns 200 metros cesión de terreos, a execución de dous muros de contención e a creación dunha pasarela elevada na curva da baixada á praia de Fonte Maior.
Por este motivo, o xefe territorial de Infraestruturas anunciou que visitará a zona, para aclarar estas dúbidas xunto aos técnicos da Axencia de Infraestruturas, e aproveitará tamén para escoitar unha demanda presentada por varios veciños para habilitar zonas de xiro nesta zona.
O escrito demanda acceso para as casas que se atopan no marxe esquerdo da PO-308 na dirección Pontevedra- Sanxenxo, así como para os que xiran cara a Pontevedra no marxe dereito, entre os puntos quilométrico 6,7 na intersección co Camiño da Escola e 7,200 na intersección coa estrada de acceso á Casa de Turismo rural Travesía Praia. Consideran os veciños afectados que se necesita habilitar algún punto máis con posibilidade de xiro.
Relacionadas:
-
O PSOE pide á Xunta que reforce a seguridade vial no proxecto de mellora da PO-308 na Lanzada
Por Redacción |
-
Sanxenxo insistirá para que a Xunta amplíe a reforma da PO-308 ata Major
Por Redacción |
-
A seguridade comeza a achegarse a PO-308
Por Redacción |
-
A Xunta marcará sobre o terreo en Raxó as futuras beirarrúas da PO-308
Por Oskar Viéitez |