Aumentan os controis de droga a condutores en 2015: cannabis e cocaína, as máis detectadas
Por Redacción
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra aumentou durante o ano 2015 os controis de drogas en todo tipo de vías de comunicación. Do total de 3.658 probas realizadas, 1.397 foron positivas.
Os condutores deron positivo en cannabis (985), cocaína (561) e en menor medida en metanfetaminas, anfetaminas e opioides. Algúns consumiran varias sustancias.
Os axentes efectuaron 302 probas por culpa de accidentes das cales deron positivas 34, 113 por infraccións que ofreceron como resultado 70 positivos e 3.243 por controis preventivos que se saldou con 1.293 positivos.
A Garda Civil insiste en que "conducir baixo os efectos das drogas constitúe un factor de risco de extrema importancia". Resaltan ademais, "desde o punto de vista xurídico é obxecto de multa e pode estar penado co cárcere".
Relacionadas:
-
Cuntis, Barro, Moraña e Portas mantéñense unidos para reducir o abuso no consumo de drogas
Por Redacción |
-
Pontevedra aumentará os controis antidroga aos condutores da cidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Comeza unha campaña especial de vixilancia de consumo de alcol e drogas entre os condutores
Por Redacción |