As acusadas polo crime do ancián de Chancelas, ante o tribunal dous anos despois
Por Natalia Puga
Na madrugada do 2 ao 3 de febreiro de 2014 o veciño de Chancelas Secundino P.A. falecía ás portas da súa propia casa en Chancelas, presuntamente tras recibir fortes golpes na cabeza cunha tixola e un bastón. Por eses feitos, cualificados como un asasinato, están acusadas actualmente dúas persoas que serán xulgadas o próximo mes de marzo, pero ambas comparecerán este martes, no segundo aniversario do crime, ante o tribunal da Sección Segunda da Audiencia.
A vista terá como obxecto revisar a situación actual das dúas procesadas, Rocío Gondar González e Albertina Táboas Fernández, pois ambas se atopan en prisión provisional desde febreiro de 2014 e, ao cumprirse dous anos do seu ingreso, é necesario que un tribunal a prorrogue ou, en caso contrario, sairían en liberdade. As defensas de ambas as mulleres pediron que queden en liberdade ata a chegada do xuízo, pero a fiscal do caso, Carmen Novo, é partidaria de que permanezan en prisión ata entón. Lembra, ademais, que una delas, Rocío Gondar, foi detida cando estaba a preparar unha viaxe a República Dominicana.
A situación de ambas as revisarase xusto no segundo aniversario dun crime que conmocionou a Poio e que chamou a atención polas circunstancias que o rodearon, ao ter presuntamente como móbil a herdanza do ancián, de 84 anos. Un xurado popular será o encargado de xulgalas e decidir se lles impón a máxima pena recollida polo Código penal por un delito de asasinato, 20 anos de prisión, que piden a Fiscalía e a acusación particular.
Por este crime tamén foi detido inicialmente un home, un veciño de Monte Porreiro que presuntamente mantiña unha relación sentimental cunha das dúas acusadas no momento do crime, pero hai escasos meses o Xulgado de Instrución 2 de Pontevedra decidiu levantarlle a imputación e xa non deberá comparecer en calidade de imputado ante o xurado popular que xulgará os feitos.
Secundino P.A. presuntamente foi asasinado polas dúas mulleres cando regresaba de pasar a tarde-noite na discoteca La Luna, que frecuentaba. As acusadas estaban na súa casa porque Albertina Táboa era a súa coidadora e Rocío Gondar unha amiga súa que a acompañaba alí para pasar a noite. Presuntamente esperárono nos accesos á casa e golpeároni ata matalo. O home tentou alertar de que lle estaban asasinando e empezou a gritar, pero, para que se mantivese calado, as dúas presuntas homicidas metéronlle un pano na boca.
Relacionadas:
-
Foron unha ou dúas persoas as que mataron a Secundino en Chancelas?
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Xulgan as dúas mulleres acusadas de ter asasinado en Chancelas un ancián pola herdanza
Por Redacción |
-
Unha das dúas acusadas do crime de Chancelas pide saír de prisión ata o xuizo, á outra tanto lle ten
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Os detidos polo crime de Chancelas volven ao xulgado e a fiscal pide máis datos sobre o testamento
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Contradicións horarias e o tráfico dos seus teléfonos puxeron sobre a pista dos detidos do crime de Chancelas
Por Natalia Puga |
-
Ao ancián de Chancelas golpeárono ata romper unha tixola e un bastón e metéronlle un pano na boca
Por Natalia Puga |
-
Prisión para as dúas mulleres detidas polo crime de Chancelas e liberdade para o seu presunto colaborador
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Deteñen tres persoas polo crime de Chancelas, unha delas herdeira universal do falecido
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O ancián de Chancelas morreu por golpes cun bastón e unha pedra tras sorprender os seus ladróns
Por Natalia Puga |