O centro da UNED en Pontevedra abre o seu segundo prazo de matrícula
Por Redacción
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) abriu este luns 1 de febreiro, o segundo prazo de matrícula para as titulacións e estudos master que oferta.
As persoas interesadas en matricularse poderán facelo ata o día 7 de marzo.
O Centro Asociado á UNED en Pontevedra imparte un total de 27 títulos de grao. Ademais, no caso dos másteres oficiais, abriuse un período extraordinario de matrícula para aqueles títulos que non completaron as prazas ofertadas.
O segundo período de matrícula esta dirixido aos estudantes que non se matricularon en setembro, aos que se matricularon dun mínimo de 40 créditos e queiran ampliar a súa matrícula e aos que lle resten dúas materias cuadrimestrais ou unha anual para concluír o seu plan de estudos.
Toda a xestión das inscricións realizarase en liña e non supoñerá novas taxas de secretaría nin de seguro escolar para os estudantes.
Relacionadas:
-
O centro asociado da UNED de Pontevedra inaugura a súa Aula Magna
Por Mónica Patxot |
-
A UNED aposta polos idiomas e a educación nos seus cursos de extensión universitaria
Por Redacción |
-
Máis de 5.000 alumnos, a exame na UNED
Por Redacción |
-
A UNED acolle cursos para formar xuristas líderes
Por Redacción |
-
Concello de Portas e UNED asinan un convenio para abrir unha Aula de Extensión Universitaria
Por Redacción |