Detidos tres mozos que pretendían vender e mercar cannabis en Moraña e intentar fuxir a Cuntis
Por Redacción
A Garda Civil de Cambados detivo tres mozos sorprendidos en Moraña cando pretendían realizar unha operación de compra venda dun quilo de cogollos de cannabis.
Os axentes interceptaron a transacción da droga e detiveron os dous presuntos compradores, os veciños de Meis e Portas JM.M.M. e A.V.B., e o seu comprador, o veciño de Moraña I.F.L.. Aos tres impútaselles a comisión dun suposto delito contra a saúde pública.
Os tres individuos, que en principio déronse á fuga ao verse descubertos, foron localizados e detidos momentos despois en Cuntis cando pretendían ocultar a droga no interior dunha vivenda onde se incautou unha bolsa cun quilogramo de marihuana.
Ao día seguinte levou a cabo un rexistro na vivenda dun dos detidos, localizándose unha plantación interior con 23 plantas de cannabis que tamén foron aprehendidas.
Os detidos e a droga intervida foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 3 de Cambados, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.