Os donos de 21 vivendas do casco histórico e de Estribela piden rehabilitalas con cargo ao ARI
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un total de 21 donos de vivendas no casco histórico de Pontevedra e no barrio de Estribela solicitaron no Concello axudas para rehabilitalas no marco dos dous ARI (Área de Rehabilitación Integral) que están en marcha na actualidade nestes dous puntos do término municipal.
O Concello pechou o pasado día 20 o prazo para a presentación de solicitudes para as axudas á rehabilitación de vivendas e edificios e, segundo os datos dados a coñecer este sábado, 16 das solicitudes presentadas correspóndense con vivendas do centro histórico e 5 de Estribela, na parroquia de Lourizán.
Os técnicos deberán agora estudar agora cada proxecto e ver se cumpre as condicións para optar a unha axuda, pero, a priori, estímase que o custe no centro histórico será de 200.000 euros e en Estribela de 18.000 euros. Tras estudalos, convocarán a comisión de valoración e os aprobados pasarán á Xunta de Goberno local, para ser remitidos á Xunta de Galicia para a súa cualificación.
A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello estima que a finais do mes de febreiro poderase abrir unha nova convocatoria de axudas para ambos os dous ARIs.
Relacionadas:
-
Nova convocatoria de axudas para os ARI do centro histórico e de Estribela
Por Redacción |
-
Máis de 60 vivendas históricas serán rehabilitadas con axudas públicas
Por Redacción |
-
O día 20 conclúe o prazo para optar ás axudas da ARI de Estribela e o centro histórico
Por Redacción |
-
Aproban as bases para solicitar as axudas dos ARI de Estribela e o centro histórico
Por Redacción |
-
O Concello agarda que o ARI do centro histórico sirva como "estímulo" para os propietarios
Por Alejandro Espiño |