O Lérez fornece de leña ás chemineas
Por Redacción
Entre outras moitas consecuencias, os temporais das últimas semanas arrastraron ata a canle dos ríos numerosos restos de madeira e de maleza que ademais de supoñer un perigo para a navegación mentres están a flotar tamén poden afectar á salubridade das augas, polo que Augas de Galicia ten que proceder á súa retirada.
Pero hai persoas que asumen esta tarefa recollendo os troncos e ramas máis voluminosos para o seu porterior aproveitamento.
Sucedeu días atrás nos areais da Seca en Poio e repetiuse a estampa esta fin de semana en Pontevedra onde un grupo de persoas, equipadas con motoserras e un camión con guindastre procederon á retirada da madeira acumulada polo río Lérez nas proximidades do Club Naval.
Aínda que, no caso de Poio o propósito era sanear o banco marisqueiro antes de que se vexa afectado en Pontevedra o destino da leña era alimentar as chemineas.
RECLAMAN MÁIS LIMPEZA
A gran presesencia de restos de madeira e maleza nas canles fluviais foi unha das queixas expostas á Xunta polos alcaldes de localidades como Caldas, Juan Manuel Rey; Cuntis, Manuel Campos ou Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que criticaron o abandono do coidado dos ríos.