A flota da vieira deixa de faenar logo de extraer 300.000 unidades nun mes
Por Redacción
A flota dedicada á extracción de vieira xa non sairá este venres a faenar. Os barcos saíron ao mar este xoves por última vez pechando unha campaña que empezaba o 17 de decembro, que lles mantivo en terra durante as datas de Nadal e que arroxa un balance de 300.000 unidades extraídas. Dende este venres farán unha resementación.
A empresa creada pola cofradía para eviscerar as vieiras en canto chegan dos barcos e antes de que pasen á lonja ou ás cadeas de distrubución calcula que chegou ao límite de pezas que poderán colocar no mercado nos vindeiros meses. O produto que se descarga pasa antes de chegar ao mercado pola planta de evisceración de Mariscos Veiro, no porto de Tragove (Cambados).
Ao alcanzar este tope, entre 70 e 75 toneladas de bivalvo, o sector decidiu parar a estracción de produto para poder vender todo o que hai almacenado. Resérvanse, iso si, a posibilidade de que si o mercado anímase e logran dar saída a todas as vieiras solicitar analiticas que garantan que non hai toxina e a apertura da veda de novo.
De todos os xeitos, o sector non é moi optimista con esta posibilidade, considera como un balance positivo que se extraeron tantas toneladas (máis que o ano pasado) en pouco máis dun mes e xa manexan a previsión de que ata finais deste ano 2013 non volverán sair ao mar.