Ferida de gravidade a condutora dun turismo ao colidir contra un camión en Moraña
Por Redacción
Na PO-221, entre Moraña e Campo Lameiro, colidiron un turismo e un camión frigorífico. Sucedeu ás 13:42 horas da tarde deste venres.
Segundo informou o 112, a muller que conducía o coche recibiu un forte golpe no peito, polo que foi atendida polos técnicos sanitarios.
Ata o lugar do sinistro, preto do Pazo da Buzaca, se desprazaron os Bombeiros do Salnés, alertados polo persoal do 112 Galicia, sen embargo, unha vez no lugar comprobaron que a muller estaba liberada e accesible.
Igualmente, procederon á limpeza da calzada, pois había bastantes restos que podían comprometer a seguridade da vía.
De feito, quedaron algunhas manchas de aceite, que se encargaron de limpar un equipo da Axencia Galega de Infraestruturas.