Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán antes a Ponte Caldelas
Por Redacción
Os Reis Meigos de Oriente adiantan a súa chegada a Ponte Caldelas ao luns 4 de xaneiro onde participarán, a partir das 17.30 horas, na tradicional Cabalgata, organizada polo Concello e a asociación de comerciantes Coempo.
Melchor, Gaspar e Baltasar sairán en tres carrozas, cargadas de agasallos e escoltadas por paxes e axudantes reais desde as inmediacións do CEIP Cordo Boullosa e pasarán pola avenida de Vigo, parte da rúa González Besada, México, Brasil, avenida de Pontevedra e Rúa Emigrante ata chegar ao centro cultural, onde terá lugar a recepción real.
A comitiva real repartirá máis de 50 quilos de caramelos entre os nenos e maiores que se dean cita ao longo do percorrido e, na recepción real, cada un dos nenos asistentes recibirá un agasallo.
A asociación Coempo, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais do Verdugo, a Asociación de Mulleres Rurais de Xustáns e Aires del Norte y Olé ofrecerán tamén no Centro Cultural de Ponte Caldelas unha chocolatada gratuíta para recuperar forzas.
Relacionadas:
-
O mal tempo non detén aos Reis Magos na súa visita adiantada a Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O Reis Magos repartirán 1.500 quilos de caramelos aos nenos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Cabalgata de Reis estrea percorrido e operativo de tráfico en 2016
Por Redacción |
-
Os Reis Magos participarán nunha cabalgata e unha festa infantil en Poio
Por Redacción |