A Cabalgata de Reis estrea percorrido e operativo de tráfico en 2016
Por Redacción
A tradicional Cabalgata de Reis repetirá un ano máis polas rúas de Pontevedra na tarde do 5 de xaneiro, pero este ano terá un novo percorrido e, polo tanto, haberá cambios tamén no habitual operativo de tráfico posto en marcha pola Policía Local para posibilitar o paso de Melchor, Gaspar e Baltasar e, ao mesmo tempo, reducir os posibles inconvintes que puidera ocasionar a peóns e condutores o corte das rúas do percorrido.
Este ano o percorrido tivo que cambiar debido ás obras que se están a realizar diante do Hospital Provincial na rúa Loureiro Crespo. Ante a imposibilidade de pasar por esa rúa, o desfile de Melchor, Gaspar e Baltasar non sairán do punto habitual, senón que o seu itinerario sairá da rúa Teixoeira, entre 12 de Novembro e Eduardo Pondal, e seguirá por Eduardo Pondal, Uxío Novoneyra e Cobián Areal para, xa en Benito Corbal, incorporarse á ruta habitual en dirección á praza da Peregrina, Michelena, praza de España, Alameda e Echegarai.
A cabalgata sairá ás 18.00 horas, pero implicará restricións de tráfico dende as 17.00 horas ata as 20.30 horas do martes día 5 de xaneiro seguindo os planos que se publican.
Os Reis Magos chegarán á cidade xa pola mañá, sairán do Concello ás 10.45 horas e farán un percorrido polas rúas do casco histórico ata o Pazo Mugartegui, onde organizarán unha recepción a partir das 11.00 para reunirse cos nenos de Pontevedra e que teñan a última oportunidade de pedirlle os seus agasallos.
Nesa cita, todos os caramelos que se repartan serán, por primeira vez, sen azucre e sen glute, co obxectivo de que sexan aptos para personas con celiaquía e diabete. Na cabalgata serán todos sen glute, pero terán azucre.
Relacionadas:
-
"Este año sí que he sido buena…"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Reis Magos repartirán 1.500 quilos de caramelos aos nenos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán antes a Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
As obras diante do Hospital obrigan a cambiar o percorrido da Cabalgata de Reis
Por Redacción |