Tres persoas con intoxicación etílica, balance dunha Noitevella "tranquila" en Urxencias
Por Redacción
A tranquilidade foi a tónica dominante nos servizos de urxencias sanitarias de Pontevedra durante a primeira noite do novo ano 2016. A Noitevella deixou un balance de tres persoas atendidas con intoxicacións etílicas, todas elas no Hospital Montecelo.
Fontes da área de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés indicaron que a noite foi "bastante tranquila" en canto a incidencias relacionadas coas celebracións de entrada no novo ano nos dous centros sanitarios de Ponteveda abertas durante as primeiras horas do ano, o Punto de Atención Continuada (PAC) da Parda e Montecelo
No PAC da Parda non atenderon a ningún paciente que se excedera no consumo de alcol. No caso dos pacientes atendidos no servizo de Urxencias de Montecelo, a diferenza do ocorrido en anos anteriores, todos eran maiores de idade.
Non hai constancia de ningunha persoa que tivese que ser atendida por lesións ou situacións sanitarias derivadas de pelexas ou agresións.