O ceo pontevedrés, todo un agasallo de Nadal
Por Redacción
Que o ceo que se pode ver desde Pontevedra sexa un agasallo especial de Nadal. É o obxectivo da xornada de observación urbana que prepararon a Asociación astronómica Sirio e o servizo de Medio Ambiente Natural do concello pontevedrés.
Esta actividade terá lugar o próximo mércores 30 de decembro, a partir das sete e media da tarde, na praza da Constitución.
Alí, membros da asociación explicarán aos interesados como é o ceo da nosa cidade e os principais referentes que se poden observar nel nesta época do ano.
Para achegar os distintos obxectos celestiais aos participantes na actividade, os organizadores porán a súa disposición telescopios e prismáticos.
Con todo, Sirio e Concello piden que os que teñan ferramentas de observación que as leven e tamén lémbralles que leven roupa de abrigo.