A familia intoxicada quentábase con carbón "porque no podemos pagar calefacción"
Por Natalia Puga
Astou ten 20 anos e hai dous anos emigrou coa súa familia de Senegal a España. Hai un ano mudáronse a Pontevedra e subsistía xunto a seus pais e seus dous irmáns menores cos ingresos do traballo do seu proxenitor. Ata que o home "se quedó sin empleo" e agora os únicos ingresos que entran en casa son os da "ayuda familiar que le dan". Nos meses de verán a situación era dura, pero desde que chegou o inverno complicouse. No piso da rúa Fernando Olmedo no que viven non hai calefacción e non teñen diñeiro para comprar unha estufa eléctrica "ni pagar" o recibo da luz que suporía acendela, de modo que cando o tempo arrefría "se calientan con carbón", o método máis económico que atoparon.
Na madrugada deste mércores as consecuencias da crise económica que están atravesando tiveron un desenlace dramático. Tiñan acendida unha brasa con carbón nun maceteiro na habitación da súa nai e todas as portas e fiestras pechadas para que non fuxise a calor. O carbón "lo compramos en los chinos, es muy barato", explica a moza en alusión aos bazares propiedade de cidadáns asiáticos que proliferan pola cidade ."Lo encedemos sólo cuando hace mucho frío", como era o caso da pasada madrugada.
O fume empezou a acumularse e súa nai "empezó a decir que le dolía el corazón", seu pai "empezó a marearse" e finalmente a nai "perdió el conocimiento". "Me asusté y llamé a la ambulancia", relata.
Eran as 1.20 horas e varias ambulancias do 061 desprazouse ao domilicio, situado no quinto piso do número 4 de Fernando Olmedo, e comprobou que os pais de Astou sufrían intoxicación por monóxido de carbono, pero as consecuencias ían máis aló, seus dous irmáns de sete meses e once anos "también estaban mal y tuieron que llevárselos". Tamén a unha tía que reside con eles na vivenda desde hai uns días.
Astou foi a única que non sufriu intoxicación, "yo me siento bien ben", e pasou a noite no domicilio. Chegaron efectivos do Corpo de Bombeiros e a Policía Local de Pontevedra, pero non tiveron que sufocar ningún incendio, tan só había fume acumulado polas brasas que ardían en tres maceteiros situados en tres habitacións da casa e solucionouse ventilando a vivenda. Fronte a esta versión, a rapaza matiza que tan só había un no cuarto da súa nai.
Fontes do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) indicaron que os dous menores que foran trasladados ao Hospital Provincial recibiron a alta ao longo da mañá deste mércores tras quedar varias horas en observación e evolucionar favorablemente.
Dous dos adultos foron trasladadados ao Hospital Montecelo e tamén recibiron a alta, pero a quinta persoa intoxicada por monóxido de carbono sufriu consecuencias máis graves e tivo que ser trasladada ao Hospital Naval de Ferrol para recibir tratamento na cámara hiperbárica.
Relacionadas:
-
Cada ano morren 800 persoas en Galicia a consecuencia de doenzas ou accidentes derivados do frío
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pontevedra activa el protocolo contra o frío para as persoas sen fogar
Por Oskar Viéitez |
-
Cinco persoas intoxicadas por inhalar o fume de brasas prendidas en maceteiros
Por Natalia Puga |