Marín volverá sortear 18 hortas urbanas sobrantes
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da Concellería de Medio Ambiente, pechou este luns o prazo para optar ás Hortas Urbanas Ecolóxicas do Sequelo, tal e como indican as bases deste proceso.
A parcela dedicada a esta actividade ocupa unha extensión aproximada de 2.000 metros cadrados, dos cales aproximadamente 900 metros están destinados ás hortas. A parcelación do terreo, orixinou 71 parcelas de entre 10 e 12 metros cadrados.
O prazo de solicitude foi do 3 ao 21 de decembro, durante o cal un total de 53 persoas solicitaron unha horta.
Para as 40 parcelas destinadas a xubilados ou pensionistas presentáronse 31 solicitudes, para as 15 parcelas reservadas para persoas en paro que non perciban prestación por desemprego houbo sete solicitudes, para as 12 hortas dirixidas a veciños en xeral presentáronse 11 peticións e para as 4 hortas dedicadas a persoas con algunha discapacidade maior ou igual ao 33%, ou que demostren intolerancias químicas foron 4 solicitudes.
O sorteo das parcelas será o 29 de decembro ás 12 da mañá no Salón de Plenos do Concello de Marín, pero dado que o número de solicitantes foi menor que o número de parcelas, non será necesario realizar o sorteo de adxudicatarios, xa que a todos de se lles asignará unha parcela. A cesión das hortas urbanas será por 2 anos.
Ese día os adxudicatarios que estivesen gozando dunha parcela na anterior convocatoria, poderá indicar se quere a mesma parcela. Entre os restantes darase a escoller parcela, pero no caso de que non haxa bo entendemento entre os presentes procederase ao sorteo das parcelas.
As 18 hortas restantes quedarán a disposición dos novos solicitantes, que por rigorosa orde de solicitude no rexistro de entrada do Concello de Marín solicíteno.
Por parte do Concello realízanse visitas periódicas ás hortas, para verificar se se cumpren as normas establecidas respecto do cultivo ecolóxico.
O proxecto mantén a súa finalidade lúdico-educativa e quere fomentar a participación da poboación na "recuperación e mantemento dunha agricultura respectuosa co medio ambiente". As hortas urbanas ecolóxicas son ao mesmo tempo unha alternativa cultural e de lecer que fomenta o desenvolvemento sustentable. Esta actividade vén dando os seus froitos desde o ano 2012 e por iso o Concello quere continuar a iniciativa.
Relacionadas:
-
As 71 hortas urbanas de Marín, por sorteo
Por Redacción |
-
O Gorgullón contará con novas hortas urbanas en marcha a fin de mes
Por Redacción |
-
Adxudicadas as hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |
-
Os interesados xa poden solicitar unha horta urbana ecolóxica en Marín
Por Redacción |
-
As fincas urbanas da área de Sequelo, vítimas dun novo acto vandálico
Por Redacción |