Adxudicadas as hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción
O Concello de Marín, a través da Concellería de Medio Ambiente, adxudicou unha nova concesión das Hortas Urbanas Ecolóxicas do Sequelo, tal e como indicaban as bases deste proceso. En canto o tempo mellore poderase ver aos usuarios preparándoas para a sementa, tratando de que ofrezan sempre un aspecto coidado para conseguir unha contorna agradable.
A parcela dedicada a esta actividade ocupa unha extensión aproximada de 2.000 metros cadrados, dos cales aproximadamente 900 metros están dedicados ás hortas. A parcelación do terreo, orixinou 71 parcelas de entre 10 e 12 metros cadrados. O prazo de solicitude foi do 3 ao 21 de decembro, interesándose un total de 53 persoas que solicitaron unha horta.
As solicitudes presentadas foron 31 de xubilados ou pensionistas, 7 persoas en paro que non perciban prestación por desemprego, 11 veciños en xeral e 3 persoas con discapacidade (maior ou igual ao 33%) e 1 con intolerancias químicas.
O sorteo das parcelas posibilitou a súa cesión por 2 anos reparto, así como a posterior adxudicación das restantes por rigorosa orde de solicitude no rexistro municipal.
Por parte do Concello realízanse visitas periódicas para verificar se se cumpren as normas establecidas para o cultivo ecolóxico.
O proxecto mantén a súa finalidade lúdico-educativa e quere fomentar a participación da poboación na "recuperación e mantemento dunha agricultura respectuosa co medio ambiente".
As hortas urbanas ecolóxicas son ao mesmo tempo unha alternativa cultural e de lecer que fomenta o desenvolvemento sustentable.
Esta actividade vén dando os seus froitos desde o ano 2012 e por iso o Concello quere continuar a iniciativa.
Relacionadas:
-
Marín amplía ata o 20 de xaneiro o prazo para optar a unha horta urbana
Por Redacción |
-
As 71 hortas urbanas de Marín, por sorteo
Por Redacción |
-
Nova oportunidade para cultivar nas hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |
-
O Gorgullón contará con novas hortas urbanas en marcha a fin de mes
Por Redacción |
-
Marín volverá sortear 18 hortas urbanas sobrantes
Por Redacción |
-
Os interesados xa poden solicitar unha horta urbana ecolóxica en Marín
Por Redacción |