Os interesados xa poden solicitar unha horta urbana ecolóxica en Marín
Por Redacción
Os veciños de Marín interesados en obter unha cesión por dous anos dunha horta urbana ecolóxica xa poden presentar as súas solicitudes ata o próximo día 21 de decembro. O sorteo das parcelas realizarase o próximo 29 de decembro.
A Concellería de Medio Ambiente promove unha nova edición desta exitosa alternativa de lecer saudable.
As hortas, un total de 71 de entre 10 e 12 metros cadrados, atópanse en Sequelo, nunha leira de 2.000 metros cadrados situada detrás do pavillón de deportes.
Segundo informou a concellería, 40 parcelas están destinadas a xubilados, 15 para desempregados sen prestación, 12 son para veciños en xeral e 4 para persoas con algunha discapacidade, maior ou igual ao 33%, ou persoas que demostren intolerancias químicas.
Relacionadas:
-
Adxudicadas as hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |
-
Marín volverá sortear 18 hortas urbanas sobrantes
Por Redacción |
-
As fincas urbanas da área de Sequelo, vítimas dun novo acto vandálico
Por Redacción |
-
Marín amplía a 70 as hortas urbanas ecolóxicas dispoñibles para o seu uso no Sequelo
Por Redacción |