Diversión sobre xeo no Recinto Feiral
Por Diego Torrado
Aínda que as temperaturas empéñanse aínda en dicir o contrario, o inverno e o Nadal están xa ao virar a esquina e con ela chegan algúns dos seus clásicos.
Así se pode considerar a Nadalocio, que na súa décimo cuarta edición ofrece unha ampla programación de actividades para todas as idades no Recinto Feiral de Pontevedra ata o próximo 10 de xaneiro.
A pista de xeo volve ser a principal atracción. De feito durante as súas primeiras horas aberta a instalación xa recibiu a un bo número de patinadores con ganas de pasar un bo intre.
Estará aberta de luns a domingo de 16.30 a 23.00 horas e de 12.00 a 19.00 horas os días 24 e 31 de decembro.
Pero non só patíns, cuadas e sorrisos sobre o xeo vive Nadalocio, que tamén ofrece nesta ocasión un circuíto de karts, unha zona infantil con inchables e ludoteca, tobogáns, un circuíto de bicicletas e trampolíns.