O Concello comeza a remodelación estética na parcela sur de Pasarón
Por Redacción
A parcela de case tres mil cincocentos metros cadrados, anexa a Pasarón na zona sur quedou nas últimas horas baleira de vehículos, e sen os valos que acordoan o recinto. Desta forma o Concello de Pontevedra comeza co proxecto anunciado no mes de abril para converter o devandito espazo nunha zona polivalente. Resolverá o problema estético, de accesibilidade e seguridade e supoñerá un lugar de esparexemento para os veciños.
A empresa Ediserpo executa o proxecto, orzamentado en 169.228 euros e incluíndo dúas melloras: reposición do pavimiento no cruzamento de Luís Otero, e pavimentación do camiño que pasa por detrás da bancada sur do estadio -que une a igrexa de Santiaguiño do Burgo coa Avenida da Coruña-.
A remodelación contempla tres espazos diferenciados. Na parte máis inmediata á bancada de Pasarón vaise habilitar unha plataforma de cinco metros de ancho para facilitar o acceso ao campo. Estará pechada cun muro de formigón. A zona intermedia quedará como estacionamento de vehículos de emerxencia nos días en que se celebren encontros deportivos; mentres que os días en que non haxa eventos o aparcadoiro será libre. Os condutores accederán por Luís Otero e pola Avenida da Coruña.
Finalmente, a parte máis afastada de Pasarón, supoñerá un espazo verde de mil douscentos metros cadrados. Dotarase de rega automática de céspede; vaise a enterrar a liña telefónica actual e se encintará o muro de pedra.
Relacionadas:
-
Últimos retoques á nova praza de Pasarón
Por Alejandro Espiño |
-
Proxectan a reforma da zona verde entre a rúa da Estación e Josefina Arruti
Por Redacción |
-
Licitan por case 242.000 euros as obras para habilitar a zona verde de Pasarón
Por Alejandro Espiño |
-
Urbanizar a parcela de Pasarón como espazo "polivalente" custará uns 240.000 euros
Por Alejandro Espiño |