Reparan dous lombos mal feitos na parroquia de Tenorio
Por Redacción
A empresa adxudicataria das obras de mellora da seguridade vial no tramo antigo da estrada N-541 ao seu paso por Tenorio, entre os núcleos de Río Tenorio e Cachadiñas (Covas) procedeu a reparación de dous lombos.
Segundo informou o alcalde, Jorge Cubela, despois de acometer a construcción de varios lombos na estrada vella de Tenorio, o primeiro e o último tiñan moi pouca caída, "polo que lle esiximos dende o Concello á empresa adxudicataria que procedera á súa reparación".
A obra fora acometida a través do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015.
O vial cedido ao Concello de Cotobade polo Ministerio de Fomento conta cunha lonxitude de 2.500 metros.