Pontevedra, capital shopping tamén en Vigo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Unha comitiva integrada por catro persoas, unha delas cun saxofón, chegará nos vindeiros días a Vigo, Vilagarcía, Cambados, Sanxenxo, O Grove, Bueu, Marín, Moaña, Cangas, Redondela e O Porriño a bordo dun Jaguar. Pola súa estética poderían ser músicos de jazz ou visitantes estadounidenses, pero enseguida sacarán da dúbida aos cidadáns, entregaranlles un flyer circular coa campaña 'Pontevedra Capital Shopping'.
A súa visita a esas cidades forma parte das actividades da campaña enfocadas á tempada de Nadal e busca que as persoas que vivan a menos de 40 quilómetros de Pontevedra acudan á capital, pois terán "o centro comercial máis chulo das Rías Baixas". "Temos o mellor comercio de toda Galicia e promocionar o comercio pontevedrés fóra da cidade é algo que tiñamos pendente", defende a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, que dende a súa concellería promove esta campaña.
A campaña é a primeira que se fai con este concepto de promocionar local o comercio fóra de Pontevedra e terá especial incidencia nestes días previos ao Nadal, a época na que se concentra máis consumo do ano. Repartirase a publicidade sobre a oferta comercial de Pontevedra en rúas, mercados e lugares concorridos das localidades elixidas. Farán 30 incursións, 15 de mañá e 15 de tarde.
O flyer que repartirá a embaixada pontevedresa inclúe as "mil opcións para vir mercar a Pontevedra" e un plano da capital cos aparcamentos, tanto os gratuítos como os de pago, coa intención de que na cidade o cliente pode atopar "todo o que lle pides ao teu mellor centro comercial", dende as principais franquicias ás tendas senlleiras, as máis novas e alternativas, as retro, as de agasallos, as de bicis…
A modo de suxestións, inclúense varios "packs" que pretenden mesturar as compras, o ocio, a restauración e a hostalaría, para que no resto das localidades saiban que Pontevedra ofrece as mellores compras, pero tamén moito máis. Os packs son:
Paseo + Shopping + Cea
Shopping + Cea + Pista de xeo
Museo + Shopping + Terraza
Shopping + Xantar + Terraza de Inverno
Ocio nadal Infantil + Shopping
Shopping + Visita Cultural
Shopping + Viño&tapas
Shopping + Cea + Copas
Ou como queiras combinar as túas compras
Relacionadas:
-
Cinco mapas indicarán onde e que se pode mercar no comercio local pontevedrés
Por Redacción |
-
Nova imaxe do Soho das Galerías Oliva e Noite de Ilusión do comercio de Rosalía de Castro
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
As obras diante do Hospital obrigan a cambiar o percorrido da Cabalgata de Reis
Por Redacción |
-
Xa é Nadal na cidade do Lérez!
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Animada xornada de 'shopping' na Praza da Verdura
Por Redacción |
-
A Verdura tamén é Capital Shopping
Por Redacción |
-
De compras a 'Pontevedra Capital Shopping'
Por Redacción |